top of page

O pan é un dos alimentos máis importantes da gastronomía galega, por non dicir imprescindible. Un produto que leva connosco milleiros de anos, acompañándonos en cada momento importante da nosa civilización ou formando parte dos grandes cambios do noso pobo.
O pan garda os maiores segredos da nosa sociedade, eses que se van transmitindo de xeración en xeración. A súa importancia vai máis aló que a de calquera outro alimento, porque arredor do pan hai un mundo propio en Galicia. Un país cheo de muíños, de fornos, de refráns.... e moitas festas. Elementos sen os que hoxe non se entendería a nosa cultura e que lle debemos ó pan.
bottom of page